O BNG agarda a resposta da Basadre sobre a contratación dos concertos a través dunha persoa vencellada ao PSOE de Ferrol

A edil do BNG – AA, Maite Ferreiro lembrou que “no pleno de mañá producirase a comparecencia da edil de cultura e que o seu grupo agarda que aclare as circunstancias da contratación de 4 concertos cun sobre custe de máis de 23.000 euros sobre o prezo de mercado”.

Segundo Ferreiro, queren que se informe de cómo se tramitou, cando e por que a contratación de catro concertos por un importe total de 61.105 €” e afirmou que “o que incrementa as sospeitas do grupo nacionalista é que todos, menos un dos concertos, foron contratados con empresas intermediarias de Ferrol e vencelladas a unha persoa que foi responsable de comunicación do PSOE nas pasadas eleccións municipais”.

Maite Ferreiro lembrou que “non é a primeira vez que a edil socialista ten que comparecer” no pleno do concello “e quizais esta vez é cando menos complicación terá para dar conta do que se lle pregunta por que en ocasións anteriores compareceu por temas bastante máis escuros”.

Ferreiro sinalou que “será a primeira vez que a edil de cultura salga a dar explicacións por este asunto que ocupou as páxinas da prensa durante dúas semanas e que incluso a alcaldesa tivo que sair a tratar de defendela mentres ela gardaba silencio”.

A edil do BNG-AA cualificou esta contratación de “chanchullada” e afirmou que lle costou máis de 60.000 euros ao concello de Lugo “cun resultado nefasto na asistencia de público aos concertos”.

Ferreiro asegurou que “a todas as dúbidas que xurdiron sobre o custo e método de contratación hai que sumar a falta de asistencia de público aos concertos pola falta de publicidade e o elevado prezo das entradas”.

A edil do BNG – AA lembrou os prezos de mercado dos artistas e grupos que viñeron segundo a súas oficinas de management e o prezo que pagou o Concello de Lugo a través do intermediario, puxo o exemplo do caso de Ariel Rot o prezo de mercado e segundo ofertas da súa oficina de management, a madrileña Morgan Britos, 9.000 euros pero o prezo pagado en Lugo foi de 15.125 € con Sesnarmiga de Ferrol como axente intermediario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com