O BNG alerta da presenza de avespas asiáticas na cidade de Lugo

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo informou do achado nunha parroquia do concello de Lugo dun exemplar de avespa velutina que foi capturada onte por un apicultor nunha das trampas que ten instaldas no seu apiario. “As velutinas están en Lugo e o Concello debe prever un plan de actuación”, salientou Arroxo.

O nacionalista presentou o exemplar desta especie invasora (Velutina) xunto con un exemplar de avespa Cravo, que é unha especie autóctona que “ a pesar de ter un tamaño moito maior que a Velutina, está totalmente integrada nos nosos ecosistemas e non provoca os danos que provoca o himenóptero invasor”.

Arroxo sinalou que “esta é a primeira vez que temos constancia da presenza desta especie no termo municipal de Lugo”, aínda que non descartou que xa existan enxamios implantados en Lugo dende fai algún tempo. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas” e advertiu de que “a Velutina pode crear graves problemas cando empece a atacar viñedos, cultivos de froita e incluso instalarse nas cidades onde poderían crear problemas diversos”.

O BNG-AA proporá que no Concello se implanten sistemas de actuación para frear a praga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”. Ademais de coordinar as actuacións coa Xunta de Galiza, Arroxo explicou que o Concello debe dotar de medios persoais e materiais para erradicar este problema aos traballadores municipais que asuman estas tarefas. Arroxo aclarou que os propios bombeiros non contan con traxes nin medios adaptados para acudir a retirar enxamios de avespas Velutinas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com