O BNG asegura que defenderá os intereses do sector pesqueiro galego ante Brexit”

As candidatas e candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado recorreron  comarcas de Lugo expoñendo a “axenda de país” que levarán a Madrid se acadan representación.

A cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, incidiu desde o porto de Celeiro, en Viveiro, na necesidade de “ter unha representación forte para situar na axenda do Estado os intereses do sector marítimo pesqueiro”.

“Hai catro cuestións prioritarias para nos na provincia de Lugo, a creación dunha autoridade portuaria propia para A Mariña que dote o porto de San Cibrao de autonomía, a liberalización e apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás, o saneamento integral das rías e a defensa do sector pesqueiro diante, entre cousas, das incertezas que se están a xerar polo Brexit”, subliñou Rodil.

Apoio aos traballores de Alcoa en Viveiro

A candidata nacionalista ao Congreso visitou o porto de Celeiro tras participar na mobilización convocada polo comité de empresa da factoría de San Cibrao en Viveiro para demandar “solucións para Alcoa”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo