O BNG–Asembleas Abertas aposta por ampliar a Escola Municipal de Música

A edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro explicou esta mañá que “a Banda Municipal de Lugo atópase agora mesmo nunha situación de importante desatención” e anunciou que o BNG – Asembleas Abertas presentou unha serie de preguntas para aclarar que solucións vai adoptar o goberno municipal en relación a este servizo público.

O BNG – Asembleas Abertas aposta por ampliar as dotacións de persoal, espazo e medios para a  Escola Municipal de Música que para este curso contou con máis de 980 solicitudes de inscrición e que, segundo Maite Ferreiro, “é o último servizo público que se creou neste concello que da servizo a máis de medio millar de alumnos e alumnas con unicamente 18 profesionais”.

Ferreiro explicou que a dotación de medios para a Escola Municipal de Música vai parella á dignificación da Banda de Música xa que son os mesmos profesionais os que manteñen as dúas cousas. No que se refire á dotación de persoal, a edil do BNG – AA lembrou que “no seu día foi un grupo de 48 persoas, agora redúcese a 18, dando unha imaxe bastante pobre, ademais de crear importantes dificultades para o propio funcionamento”.

Dende o BNG – Asembleas Abertas reclámaselle información ao goberno municipal para saber se ten acometer algún tipo de reforma no organigrama da Banda Municipal e tamén, se está previsto ampliar o número de docentes da Escola Municipal de Música para atender a grande demanda existente. Outra das demandas que trasladará a formación nacionalista vai dirixida a que se estableza  algún mecanismo para suplir as baixas laborais das/os traballadoras/es da Banda Municipal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo