O BNG–Asembleas Abertas convida aos representantes de colectivos a coñecer o “modelo Pontevedra”

O grupo municipal do BNG – Asembleas Abertas anunciou que a visita prevista ao concello de Pontevedra, para coñecer o modelo de mobilidade implantado na cidade, se celebrará o vindeiro martes 27 de outubro. Arroxo convidou a participar na visita a representantes de todos os grupos políticos con representación na corporación municipal, representantes de colectivos e entidades e tamén a todas aquelas persoas que estén interesadas.

Segundo informou o voceiro do BNG – Asembleas Abertas “trátase dunha viaxe de traballo para coñecer in-situ a realidade dun modelo que está a facer que o concello de Pontevedra reciba numerosos premios internacionais, e sobre todo, fai que a cidade medre en habitantes pola calidade de vida”. Os nacionalistas presentaron diferentes iniciativas para tentar que Lugo avance de cara a acadar un plan de mobilidade que faga desta cidade un lugar máis amable para as persoas.

Rubén Arroxo explicou que nesta viaxe realizarase unha visita á sede da policía local para ver cal é o papel que xoga no control do tráfico e na regulación do proxecto de mobilidade posto en marcha en Pontevedra. Tamén haberá unha recepción por parte do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e dos reponsables de mobilidade no concello que guiarán aos visitantes nun percorrido por diversas zonas da cidade.

Todas as persoas interesadas e asistir a esta visita deberán contactar co Grupo Municipal do BNG – Asambleas do concello de Lugo a través do teléfono 982 29 71 93 ou do correo electrónico: grupomlugo.bng@concellodelugo.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com