O BNG denuncia o perigo existente nas inmediacións da Fábrica da Luz

O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, advertiu da situación na que se atopa o peche perimetral da zona de obra que rodea a Fábrica da Luz e anunciou que o BNG reclamará do concello de Lugo que lle esixa á empresa responsable o seu mantemento axeitado “para evitar un accidente ou que calquera persoa poida sufrir danos dado o estado da pasarela que cruza sobre o río”. Toda a zona que se atopa dentro do peche perimetral da obra está chea de maleza e sen coidados de ningún tipo. O BNG xa denunciara esta situación en xuño de 2017.

Arroxo fixo fincapé no estado de deterioro no que se atopa a pasarela sobre o río que leva ata o caneiro que “polo seu mal estado, supón un auténtico perigo para que calquera persoa que se meta a camiñar sobre”. A día de hoxe o paso cara esta pasarela e cara o Caneiro está aberto e vese claramente que é utilizado. “Entendemos que o goberno municipal terá que tomar as medidas necesarias para obrigarlle á empresa responsable das obras a manter o peche e a sinalización nas debidas condicións e se non terá que actuar de oficio”.

Na zona das Saamasas, donde foi retirado o dique en novembro de 2016, existe unha ampla zona co valado de obras que se atopa nun lamentable estado de abandono. Dende o fai máis de un ano e mdio non fixo mantemento da herba nin se actuou para impedir a proliferación de maleza co conseguinte deterioro dun terreo público “que agora no verán é visitado por miles de persoas”, dixo Arroxo que reclamou “ten que ser devolto, o antes posible, para que toda a xente de Lugo e quen nos visita poida disfrutar deste entorno privilexiado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com