" />

O BNG denuncia trabas da Deputación que acabarán con programas culturais

O BNG advertiu que a xestión política que se está a levar sobre os programas Buxiganga e Musiqueando podería abocalos á súa desaparición. Segundo o voceiro“a deputada de Cultura Pilar García Porto, está enviando requirimentos aos colectivos que participan nos que se esixe que se dean de alta en facenda; e engadiu “todo esto prodúcese despois de que se publicaran unhas bases nas que non se esixía esta cuestión e cando os grupos xa fixeron a maior parte das actuacións que se lles encomendaron dende a propia Deputación”.

Para o BNG “non é entendible que se apliquen novas esixencias cando existen unhas bases aprobadas e os programas están practicamente rematados”. Os nacionalistas explican que “na carta remitida pola deputada de Cultura faise referencia a unha lei do ano 2002 pero a Deputación leva moitos anos promovendo este programa e, en ningún momento, houbo dificultades administrativas como este ano”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo