O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para a apertura do “leiraparking” do HULA

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, anunciou hoxe o comenzo dunha campaña de recollida de sinaturas para demandar a apertura dun espazo no que se poida aparcar libremente e de xeito gratuíto. Arroxo lembrou “cando o PP enganou ao lucenses privatizando o aparcadoiro do Hospital e a cantidade de veces que o PSOE nos enganou anunciando a creación do Leiraparking”. O concello conta con terreos nas inmediacións do HULA que poderían ser acondicionados para abrir un espazo no que os coches puideran aparcar.

 “O BNG non ten que defender intereses que freen a apertura dun espazo no que se podería aparcar de xeito gratuíto” dixo Rubén Arroxo e manifestou a súa incomprensión “non sabemos cales son as razóns que levan ao PSOE a anunciar reiteradamente a apertura do leiraparking e e despois a recuar e non cumprir cos seus compromisos”. Arroxo sinalou que o acondicionamento do espazo e a súa apertura non debería levar máis de dous meses. “O compromiso fíxose incluso diante de representantes de colectivos veciñais, pero parece que a alcaldesa non se ruboriza dos seus incumprimentos” concluíu Arroxo. 

“O problema de aparcamento no entorno do HULA e a falta de iniciativa do goberno local para darlle solución é extensible ao que sucede no resto da cidade” afirmou Arroxo que se referiu ao sucedido co sistema ORA e aos aparcadoiros disuasorios “anunciados e nunca creados”. Para o BNG “urxe unha solución pública e gratuíta para as prazas de aparcamento no HULA, non pode ser que a xente teña que dar centos de voltas ou acabar pagando ás empresas que se lucran da desgraza de quen ten que pasar días e días acompañando enfermos ou asistindo a consultas médicas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo