O BNG loitará contra a violencia machista se chega ao Congreso

A candidata por Lugo do BNG-NÓS, Olalla Rodil,  participou nun acto simbólico, ante o edificio dos xulgados, para reclamar un xulgado específico de violencia de xénero para Lugo.
“Esta demanda será plantexada no momento en que o BNG estéa representado no congreso” dixo Olalla Rodil e engadiu que “este é un exemplo das cousas que poñerá o BNG enriba da mesa, para defender a Galiza, no momento de negociar a creación dun goberno do estado”.
Rodil estivo acompañada de concelleiras do BNG-Asembleas Abertas nos concellos de Sarria, Mónica López; de Lugo, Maite Ferreiro; de A Pastoriza, Elba Carreira; de O Corgo, María Abuín; e de Castro de Rei, Digna Lagarón; de Xermade, María do Mar Hermida; e de Cospeito; Iolanda García e afirmou que “co BNG en Madrid os Xulgados Específicos de Violencia de Xénero en Galiza serán unha realidade”.

Este xulgado terá que dar atención a mulleres de toda a provincia, para que estes casos teñan un tratamento axeitado. Olalla Rodil precisou que “esta decisión depende do Consello Xeral do Poder Xudicial e polo tano do goberno do estado”. A candidata nacionalista lembrou as disparatadas cifras dos casos de violencia de xénero e lembrou que, por exemplo, solo na comarca de Sarria hai 23 mulleres baixo protección.

Neste momento unicamente as cidades de Vigo e Coruña dispoñen de xulgado específico de violencia de xénero. A posta en marcha deste xulgado en Lugo “podería dar cobertura a toda a provincia e compre unha dotación mínima de persoal que inclúe as figuras de xuíz, fiscal, forense, secretario e outros funcionarios adscritos. Este xulgado podería atender os casos de violencia: maltrato, acoso e custodia de menores, ademais do seguimento de ordes de alonxamento antes e despois do xuízo”.
Neste momento é o xulgado de instrución nº3 é o que se encarga en Lugo deste tipo de casos “aínda que a adxudicación da praza de xuíz foi por orde de traslado pero non se considerou a súa formación neste tema”.

O BNG fará o necesario para que “se modifiquen todos os artigos da lexislación vixente para que sexa posible a inclusión do termo Feminicidio. Este termo fara que se considere que este tipo de asesinatos se producen  contra as vítimas polo único feito de se mulleres” explicaron as concelleiras nacionalistas. “Tense que contemplar que a administración de xustiza vai recibir medios humáns, materiais e técnicos para a debida atención ás vítimas da violencia machista” dixo Olalla Rodil.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com