O BNG pedirá no Parlamento que a Xunta asuma a xestión dos comedores en Lugo

A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, e ediles do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo mantiveron unha xuntanza con representantes das ANPAS de Lugo. Rodil anunciou que o BNG levará unha iniciativa á cámara galega para reclamar que sexa a Xunta de Galiza quen asuma a xestión dos comedores escolares de todos os centros educativos. Rodil dixo que “neste momento existe unha discriminación para os centros escolares que non teñen comedores xestionados pola administración autonómica e que, no caso de Lugo, derivou nun problema burocrático-administrativo que estivo a punto de interpretar un importante problema para as familias”.

Neste momento a Xunta  só está a prestar un servizo de comedor naqueles centros nos que asisten aos que asisten escolares en transporte público que viven a máis de 2 quilómetros de distancia dende a súa casa. No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia consellería: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio Concello agás nos colexios do Sagrado Corazón e Paradai que carecen de comedor.

Para o BNG existen alternativas factibles como a de aproveitar as infraestruturas que a Xunta xa ten nos centros que teñen unha xestión directa do comedor. Rodil explicou “a Xunta ten infraestrutura suficientes coas cociñas existentes nos centros educativos e dende estes centros podería, cos medios axeitados, distribuirse a comida ao resto de centros educativos do concello”. Rodil lembrou que existe persoal que quedou sen funcións ao pecharse centros do rural e que a Xunta tería que estudar a súa posible reincorporación para reforzar os servizos de cociña dos centros que teñen comedor neste momento”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com