" />

O BNG presentou as propostas que levará ao próximo pleno da deputación de Lugo.

Xosé Ferreiro, voceiro do BNG da Deputación en Lugo e o vicevoceiro deste mesmo partido, Antonio Veiga, presentaron está mañá, as propostas que levarán ao pleno da Deputación do próximo martes 27 de xuño. Entre elas están, unha moción para que a Deputación saque unha liña de axuda cara os concellos que queiran implantar un servizo de conciliación laboral e familiar.

Veiga declarou que é una axuda necesaria debido a que as parellas novas con fillos teñen cada vez máis dificultades para deixar aos seus fillos en horario extraescolar, aínda que este problema é maior no rural. En relación con esta proposta o BNG, quere conseguir que aquelas parellas que viven no rural non abandonen o seu concello por non ter con quen deixar aos seus fillos. Adamáis, o voceiro espera ter o apoio unánime  da cooporación, destacando que esta proposta sería moi positiva para a Deputación, xa que se aumentarían postos de traballos debido a que os pais poderían contratar a coidadores/as e tamén os propios país poderían traballar a xornada completa, sen renunciar ao traballo polos nenos.

Por outra banda, o BNG, quixo respostar aos comentario do PP e do PSOE respecto ao Plan Único, aclarando que foi unha proposta do partido nacionalista, e que agora o resto de partidos están facendo unha carreira para ver quen anuncia máis sobre el. Veiga dixo que estaba sorprendido de que unha proposta na que nin o PP nin o PSOE creía agora a poñan como meérito propio.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo