O BNG propón recuperar o antigo matadoiro para deportes como o skate ou o pádel

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo lembrou que as naves que ocuparon o antigo matadoiro levan décadas pechadas e sen uso definido para un futuro próximo. O voceiro do BNG asegurou que o seu grupo ten propostas para os edificios “que o Concello ten abandonados e que deberían recuperarse e poñerse en uso” e insistiu na necesidade de “crer nas posiblidades desta cidade para que todos os lucenses sintan que o goberno municipal é útil para a cidade”.

Arroxo recoñeceu que as posibilidades de facer propostas para un edificio como o do antigo matadoiro son numerosas pero sinalou que “hai deportes que teñen gran demanda social para a súa práctica e que neste momento non teñen instalación públicas cubertas onde a xente poida acudir”. O voceiro do BNG no concello de Lugo referiuse ao éxitoso campeonato internacional de Pádel que se celebra estes días na cidade e apuntou a necesidade de popularizar este deporte coa creación dunha instalación pública cuberta.

Arroxo lembrou tamén que o pleno municipal aprobou, en outubro de 2017, unha iniciativa para crear unha pista de Skate pero aínda nada se fixo. Lugo é a única das 7 cidades galegas que non contan cunhas instalacións deportivas acondicionadas para poder levar a cabo a actividade de skate dunha forma correcta, a día de hoxe as infraestruturas existentes non son aptas para a realización desta disciplina deportiva. Na iniciativa proposta polo BNG e aprobada polo Pleno da corporación xa se pedía o acondicionamento dalgún espazo baleiro co fin de que poidan instalarse elementos básicos de adestramento de Skate para as épocas máis complicadas do inverno.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com