O BNG propón un plan de vixilancia da expansión do xabaril e de control dos danos

O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o seu grupo proporá que o goberno estude a implantación dun plan de vixilancia da expansión do xabarín e de control dos danos nas zonas axardinadas da cidade. “O goberno municipal debería estar atento ao incremento da presenza de xabarís na zona urbana, cada vez son máis as persoas que se atopan con eles e pode chegar o momento no que se xenere algún problema serio”, advertiu Arroxo.

O voceiro do BNG sinalou que “os danos en zonas urbanas son moi frecuentes e a presenza de manadas destes animais son cada vez máis frecuentes”. Entendemos que o Concello debe acordar coa Xunta e a Universidade un plan para tomar medidas de vixiancia e control da presenza destes animais. Arroxo propuxo que se estude aproveitar os cauces fluviais que rodean a cidade como fronteira natural .

Outra das medidas posibles sería a de sinalizar aquelas zonas onde é frecuente a presenza destes animais para evitar encontros con persoas como os que se dan habitualmente no paseo do Miño e do Rato. Moitas das zonas utilizadas para a práctica do deporte en Lugo son cada vez máis frecuentadas polas familias de xabarís. Arroxo pediu que se instale ou se estude a instalación de sistemas que disuadan aos animais de frecuentar certas zonas.

Sistemas para previr a invasión de estradas e vías de circulación. Arroxo sinalou que nalgunhas estradas xa se teñen instalado sistemas para evitar que os animais invadan a vía. “O Concello ten que artellar medidas e pedir o apoio de outras administracións para anticiparse a un problema que vai ir a máis”, apuntou o nacionalista que pediu tamén que se “avance” neste asunto antes de que xurdan problemas de importancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com