" />

O BNG reclama a renovación do contrato do servizo do lixo en Vilalba

O candidato do BNG á alcaldía de Vilalba, Vítor Rei, lembrou que “no proximamente rematará a concesión do servizo de recollida e transporte do lixo coa empresa URBASER”,  e reclamou que se inicie “o proceso para a nova concesión, de maneira transparente, deste servizo”. O candidato do BNG sinalou “é un dos contratos máis importantes, en termos económicos, que ten este concello por esto débese garantir que o proceso de adxudicación sexa limpo e transparente”.

Para Rei, esta é unha boa oportunidade tamén para comezar cun plan de compostaxe nos núcleos urbanos do concello, “medida que permitirá reducir a cantidade de lixo transportado ás plantas de reciclaxe, e polo tanto, reducir o recibo á veciñanza de Vilalba”. “Temos que tomar como exemplo o modelo de Allariz, onde tras tres anos, conseguiron reducir nun 20% a cantidade de lixo orgánico depositado nos colectores” engadiu o candidato do BNG.

Dende o BNG tamén indicaron a necesidade de revisar as accións realizadas durante a actual concesión “para comprobar posíbeis incumprimentos das condicións do contrato”. Para o candidato do BNG, “a empresa debe responder no caso de que se produciran estes incumprimentos”. Existen dúbidas sobre o cumprimento dalgunha das clusulas que figuraban no contrato de concesión e “dende o goberno municipal debe haber responsabilidade para esixirlle á empresa que cumpra con todas as condicións baixo as que foi contratada e pola que se lle pagou con fondos públicos”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Abr 26, 2019 - 04:41 PM

    Sempre fou asi?

    Reply
  2. Avatar
    PIlar Santalla Fraga
    Abr 26, 2019 - 10:15 AM

    Faixe moita falta Vilalba esta mui porca

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo