O BNG, se goberna, reordenará os recursos humanos do SERGAS

A candidata do BNG por Lugo Olalla Rodil, trasladou o compromiso do BNG “para poñer en marcha un plan de reordenación de recursos humanos para acabar coa precariedade do SERGAS”. Segundo Rodil, “precisamos un sistema sanitario forte, que responda ás necesidades das galegas e galegos e non faga recaer a súa forza no esforzo sobrehumano das profesionais que traballan nel”.

O persoal sanitario non precisa bonos de 250 euros para gastar en bares e restaurantes”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “coa crise do COVID-19 quedou máis claro aínda que desde a Xunta de Galiza debemos traballar para que o persoal sanitario teña unhas condicións de traballo dignas e estabilidade laboral”. Rodil defendeu tamén a posta en marcha dun plan “de mellora da atención primaria, que dote aos centros de saúde e PACs dos recursos humanos, materiais e económicos necesarios”.

A candidata do BNG afirmou que “nesta xuntanza quedou claro que os 11 anos de recortes do Partido Popular foron nocivos para as traballadoras e traballadores da sanidade pública”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Tere Pacios
    Xuñ 25, 2020 - 10:46 AM

    A min gustaría saber cómo vai ser esa reorganización. A solución do Sergas non pasa por un saco daqui poño ali. Eso estivo facendose hasta agora. O que se necesita e un aumento de personal suficiente e serio, non un racaneo constante onde os traballadores teñen que asumir unhas cargas de traballo tremendas. O mesmo que co material. Non e de recibo que se teñan que pelexar por unha máscara ou un epi. E dende logo que o acceso os equipos de protección sexa cos mismos dereitos para todos os traballadores. Os traballadores con atención directa os doentes corren todos os mismos riscos. Non por categoría profesional. Senon, polo traballo que fan.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com