" />

O BNG solicita que se repoñan os aparcadoiros de bicicletas retirados

O BNG no Concello de Lugo presentou un rogo á comisión de Infraestruturas para pedirlle ao Goberno local que repoña os antigos aparcadoiros de bicicletas cos que contaba o Concello.

“A día de hoxe a xente que se achega ao centro en bicicleta ten que deixar a bicicleta nunha árbore ou nunha farola e o mesmo acontece co importante número de persoas que fan o camiño primitivo; ao chegar ao albergue da rúa das Nóreas xa non pode deixala no antigo aparcadoiro”, sinalou o voceiro do BNG, Rubén Arroxo.

Dende as filas nacionalistas lembraron que nos orzamentos hai unha partida destinada a converter Lugo en “zona 30” algo moi sinxelo de executar e que sería a base para permitir o uso seguro da bicicleta. Ante isio, o propio Arroxo manifestaba que  “se o goberno non é quen de cumprir cos acordos plenarios sinxelos e para os que hai orzamentos, dificilmente vai poder levar a cabo proxectos medianamente complexos para Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo