" />

O BNG valora positivamente que o CXPX considere crear en Lugo un xulgado de violencia de xénero

Os membros do BNG no Concello de Lugo veñen de valorar positivamente o anuncio de que Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) está a considerar a especialización dun xulgado en materia de violencia de xénero para Lugo. Dende a formación nacionalistas lembran que, precisamente este xulgado, era unha das demandas do partido que desenvolveu, nos últimos anos “unha forte campaña de mobilización social e actividade institucional, con centos de sinaturas recollidas, e que tivo unha gran acollida por parte da sociedade”.

“Vemos este anuncio como un paso adiante de cara a conseguir un xulgado específico, máis debemos seguir traballando para que isto se materialice canto antes”, declararon dende o partido para lembrar que “a creación de tres xulgados específicos, nas tres cidades que aínda non contan con un, foi un dos piares básicos do acordo que o BNG conseguiu para apoiar a investidura do goberno do Estado”.

O BNG aposta pola comarcalización do servizo e que, esta dependencia xudicial acollese todos os casos que se produzan en Lugo, permitindo que a atención se poida realizar nunha instalación próxima ás vítimas para reducir a perturbación que o proceso xudicial implica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo