O bo clima da Ribeira Sacra mellora a calidade da uva, días antes da vendima

Cando está a piques de comezar a vendima nas Adegas Regina Viarum, as boas perspectivas sobre a calidade da uva existentes nos últimos meses confírmanse. E melloran. A humidade dos últimos meses foi clave para que os viñedos producisen unha uva moito máis equilibrada.

Agora, o anticiclón destes días beneficia a esas mesmas uvas nos días previos á recollida. “O clima que temos estes días vai facer que a uva gañe en calidade”, explica o Enxeñeiro Técnico Agrícola de Regina Viarum, Jesús Prieto Pérez. “Se ademais agora viñese un pouquiño de auga, sería excelente”, afirma. Prieto Pérez e o seu equipo comezarán esta semana a vendima dos viñedos a partir dos que elaboran os seus viños as Adegas Regina Viarum.

Un equipo formado por máis de 20 persoas traballará inicialmente nos viñedos de uva godello das adegas. De aí pasarán aos viñedos ecolóxicos de uva mencía. “Os viñedos ecolóxicos teñen unha menor carga por planta”, explica Prieto.

Entre outros beneficios, como os relativos ao control de pragas ou a mellor ventilación dos acios, esta menor carga de por planta na produción ecolóxica de uva permite alcanzar unha maior gradación nos mostos. As Adegas Reginas Viarum conluirán a vendima, nos seus viñedos de uva mencía. A elevada pluviosidad rexistrada desde comezos de ano, acompañada polas néboas rexistradas na Ribeira Sacra nas mañás das últimas semanas incidiron positivamente na calidade da uva. Pero tamén dificultaron a acción contra as pragas.

E aínda que este fenómeno limitou de forma sensible a capacidade de produción na Ribeira Sacra, haberá un incremento substancial fronte á cantidade de uva recollida en 2017, un ano especialmente duro para os viñedos pola acción do mildiu e outras pragas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com