O Breo enfróntase ao Ourense este sábado

Do mesmo xeito que aconteceu co derbi de Riazor, o CB Breogán porá autocar para os afeccionados que queiran asistir ao encontro do sábado no Paco Paz (deben cubrirse un mínimo de prazas) que enfrontará ao Breogán co Ourense ás sete da tarde. Tamén hai opción de mercar entradas nas oficinas do Breogán para aquelas persoas que queiran viaxar coa entrada en man.

As entradas terán os seguintes prezos:

-Adulto (dende os 26 anos) – 15€

-Xoven (entre 16 e 25 anos)- 10€

-Infantil (entre 5 e 15 anos)- 2€

O autocar da afección terá un custo de 5€ por viaxeiro e será necesario apuntarse nas oficinas para pagar a reserva.  A saída, dende o aparcadoiro do Pazo dos Deportes, será ás 16:45 horas e o regreso trala finalización do derbi. (Os menores de 18 anos que non viaxen acompañados de adulto Terán que presentar unha autorización asinada por pais ou titores).

O horario de venda de entradas será de 17:00 a 20:00 horas ata o venres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com