" />

O catamarán rescatado do Miño, varado nun prado da Deputación en Begonte

“É feísmo un barco en estado de ruína varado nun prado?” O deputado provincial do PP, Óscar Poy, pensa que si, e que a chatarra e os restos de construción e obras non deben estar depositados “en calquera lado”.

O catamarán Pelegrín I, afundido no Miño en Lugo, na noite do 19 ao 20 de decembro do ano pasado, acabou estes días nun prado da Deputación en Begonte e non nunha das naves do organismo provincial nesta localidade, como se anunciara. Acabou varado nun prado, ao aire libre e á vista de quen pasa polas inmediacións. Hai que recordar que o barco non pasa pola porta dunha das naves da Deputación de Begonte e que a outra está tan chea que non hai sitio para o que queda do Pelegrín I.

O popular Óscar Poy, sinalou hoxe que despois do “abandono ao que estivo sometido o barco no río, que propiciou que afundira, agora é unha especie de monumento, instalado nunha leira”. O mesmo deputado provincial destaca que no mesmo prado hai acumulado material procedente de obras executadas de maneira que “o prado parece un vertedoiro; non é a mellor imaxe que pode dar a Deputación e a responsabilidade é de quen a goberna”.

Os populares queren saber canto tempo pensa ter o goberno da Deputación ese barco varado nun prado. É, di Poy, unha imaxe “moi triste” do estado en que “socialistas e nacionalistas teñen a institución que dirixen”. Por último, o deputado provincial pregúntase se a Deputación xa encargou algún estudo ou informe sobre a viabilidade de reparar o barco ou se finalmente acabará podrecendo totalmente no prado no que está depositado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo