O CD Lugo bonificará parte da entrada aos abonados que a solicitaron e quedaron en lista de espera

O CD Lugo bonificará parte da entrarada aos abonados que solicitaron entrada para o vindeiro partido contra o RC Deportivo da Coruña e quedaron na lista de espera. O club albivermello atenderá todas as peticións de entradas que os seus abonados fixeron para o partido deste domingo, 1  de marzo.

O club dispoñía de 245 localidades a precio reducido de 15 euros, durante o período de inscripción anotáronse 493 abonados co que 248 quedaron en lista de espera. Eses serán os abonados aos que o club devolverá parte da entrada. Para facilitar o desplazamento da afición e dado o interese amosado apra asistir ao encontro o CD Lugo bonificará a estos abonados con 10 euros; por tanto, en lugar de 30 euros que sería o prezo final da entrada para o encontro, pagarán 20 euros, achegando o seu prezo ás reducidas das que dispoñían os albivermellos.

Asemade, o club disporá para a grada reservada á afición visitante en Riazor, doutras 125 entradas a un prezo de 30 euros. A estas entradas poderá optar calquer seguidor ou abonado do CD Lugo. Todas as localidades se porán á venda o mércores 20 e xoves 27 nas oficinas Anxo Carro.

Yanis Rahmani sobre os insultos sufridos no encontro ante o Fuenlabrada

Nacido nas proximidades de París, nunha familia de orixe alxerina, aos oito anos chegou a España e enrolouse nas categorías inferiores do Athlétic de Bilbao. “Deberían meterse máis na pel de quen insultan e pensar que detrás dunha persoa que sofre unha discriminación hai unha historia que descoñecen”, laméntase Yanis Rahmani despois de sufrir en Fuenlabrada berros racistas dun sector da bancada, hai dúas semanas mentres defendía a camiseta do CD Lugo.

O extremo protesta enerxicamente ante “palabras tan claras e directas” como as que escoitou, xa que “non é algo bonito de escoitar, nin de sufrir nun partido, máis cando é fútbol e estás no teu, no teu partido e oír cousas feas non é do agrado de ninguén”.

Rahmani reflexiona sobre a responsabilidade que teñen os futbolistas pola súa “influencia na sociedade”, moito máis do que teñen “os inmigrantes indefensos que están na rúa”. Con todo, o xogador do CD Lugo apunta que “realmente a responsabilidade é de quen toma as decisións”, en canto a sancionar este comportamento.

Con respecto aos lamentables incidentes de racismo que rodean á actualidade futbolística, o franco-alxerino cre que o problema principal polo que “se lle quita importancia” a episodios como o que sucedeu ao seu amigo Iñaki Williams no Prat ou o último na liga portuguesa é que “a xente que xulga o racismo é xente que non sofre o racismo”.

Rahmani denuncia que “se debe facer algo xa, pero non se fai”. Así mesmo, reivindica que “se fai moita publicidade e moitas campañas que quedan moi bonitas de ‘stop racismo’, pero á hora da verdade non se castiga como se merece aos que cometen ese delito” e sentenza “se non se castiga, seguirá habendo racismo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com