O CD Lugo pon a disposición dos seus seareiros un autobús para o vindeiro partido

Os seareiros do CD Lugo están de sorte. O club, no afán de que os xogadores sintan o apoio incondicional da súa afición, tamén fóra da casa, porá a disposición dos seareiros que o desexen un autobús gratuíto, este domingo, para presenciar o encontro que o club xogará en Fuenlabrada contra o equipo homónimo.

As entradas para o partido terán un custe reducido de 15 euros, tanto para os ocupantes do autobús, como para quen vaia polos seus propios medios.

A pesar da gratuidade, como é lóxico, o club advirte que se precisará unha inscrición previa, que poderá facerse nas oficinas do Anxo Carro a partir de hoxe, en horario de 9.30 a 13.45 horas e de 16.30 a 20 horas excepto o venres día 14, que só se poderá reservar praza na quenda de mañá.

Do mesmo xeito, o club albivermello advirte que para que se efectúe a viaxe deberá haber un mínimo de 40 personas inscritas.

A salida do autobús está prevista para as 5 da mañá do domingo 16 dende o propio estadio dado que o encontro xogarase ás 12 horas. O regreso terá lugar unha vez rematado o partido.

Esta acción está enmarcada dentro da campaña #VenAoAnxoCarro, que comezaron co partido ante o Elxe, coa promoción de entradas para abonados e que tivo unha magnífica acollida. O equipo se sentiu moi arropado e aproveitamos para dar as gracias a todos os aficionados que estiveron no Estadio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com