O Club Baloncesto Sarria agradece as aportacións recibidas na súa “Campaña Nadal 2020”

Como ven sendo habitual nas derradeiras tempadas, o Club Baloncesto Sarria artellou unha campaña no tempo de Nadal 2020 pensada nas familias máis necesitadas da contorna. Deste xeito, animouse a todos os seus integrantes (directivos, colaboradores, adestradores, xogadores, etc.) a revisar nos seus rochos e aportar xoguetes, libros, música, artigos de deporte, etc. A finalidade, en colaboración coa Área de Benestar Social do Concello de Sarria, era contribuír na ilusión de nenos e nenas sen recursos no tradicional 6 de xaneiro, día dos Reis Magos.

Deste xeito, as considerables achegas aportadas por toda a familia da entidade baloncestística do sur lucense, foron días atrás entregadas ás persoas encargadas de clasificalas e distribuílas convenientemente. Dende o Club Baloncesto Sarria agradecer un ano máis o esforzo realizado por todos e todas os seus membros, facendo fincapé na importancia que ten a faceta social no mundo do deporte, neste caso do baloncesto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com