" />

O Club de Squash Monstruiños de Lugo denuncia unha “xestión surrealista” das pistas do Pazo dos Deportes

O representante do Club de Squash Monstruiños de Lugo, Oscar Mon, vén de denunciar a través dun comunicado o que tildou de “xestión surrealista” que está a facer a Deputación de Lugo nas pistas do pazo do Deportes que están dedicadas a esta práctica. Mon asegura que o Goberno Provincial só lle permite usar tres pistas de squash con tan só un xogador por pista. O representante deste clube deportivo adxuntou ás solicitudes de uso das pistas un informe técnico da Federación Galega de Squash no que se especifica que o aforo dunha pista de adestramentos é de 6 ou 8 persoas, polo que dous xogadores, que é o que solicita o club lucense, poderían xogar nunha soa pista. Unha interpretación diferente fai a Deputación deste aforo e redúceo a unha persoa dado que, nunha situación normal, adestraría unha parella.

Oscar Mon, explica ademáis que, en reiteradas ocasións intentou poñerse en contacto tanto do Deputado delegado da área de Deportes, Efrén Castro, como co Presidente do executivo provincial, José Tomé para explicarlles a situación e, en ningún dos casos, obtivo resposta. Mon asegura que se trata dun abuso de poder no servizo provincial de deportes e elevou a súa queixa ao servizo homólogo na Xunta de Galicia, que interveu aclarando a situación a favor do Club de Squash. Un feito que non serviu para que o Goberno provincial levantara a súa restricción.

A este respecto, o deputado de Deportes remitiu unha nota de prensa no que asegura que o uso das pistas está asignado ao club os cinco días da semana de 5 a 8 para uns 20 deportistas. A autorización, confirma Efrén Castro, indica que a actividade deportiva se fará de forma individual, sen contar o monitor. Segundo Castro o protocolo federativo prioriza as rutinas individuais e estas limitacións veñen dadas polas restricións específicas para o Concello de Lugo feitas pola Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo