O Club Deportivo Lugo despide o ano no Anxo Carro cunha gran vitoria

O encontro arrincaba baixo unha espesa neboa no Anxo Carro. Os de Milla saltaron ao campo coas novidades de De Coz como lateral, e Pereira como punta máis adiantado. Pola contra a SD Ponferradina sacaba toda a súa artillería co once titular. e xa dende os primeiros minutos de partido ambos conxuntos estaban ben posicionados no terreo de xogo. A primeira ocasión para o Lugo, foi un disparo raso de Campillo que Santamaría paraba sen problemas; a resposta non se fixo esperar e Caiado envíaba un remate ao poste esquerdo de José Juan. O encontro transcorría con igualdade e protagonismo por ambos equipos, pero á media hora de xogo, un saque de esquina que remataba Pavón, poñía por diante no marcador aos bercianos. Co marcador en contra, o Lugo buscaba insistentemente a igualada que chegaba ao borde do descanso cun gol de Pereira.

Xa na segunda parte o partido continuaba moi igualado e cun bloqueo alto por ambos conxuntos, pero era o Lugo quen se mostraba máis activo na busca do segundo tanto. A ambición dos de Milla recibía o seu premio, transcorridos dez minutos do segundo periodo, cun Pereira moi acertado que repetía gol e adiantaba aos locais no marcador.

A Ponferradina buscou o empate con insistencia, pero a quince minutos do final, era o arxentino Caballero quen batía a Santamaría e poñía distancia no marcador. O encontro remataba cun contundente 3-1, que lle da ao Lugo tres puntos de ouro e permitelle despedir o ano no Anxo Carro da mellor forma posible.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com