O Concello abre as portas do Cuartel de San Fernando

Ás dez da mañá abría hoxe as súas portas o Cuartel de San Fernando, dentro da xornada organizada polo Concello de Lugo para amosar á veciñanza o estado de conservación no que se atopa este edificio.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, eran os encargados de recibir ás primeiras visitas nas que ademais dunha ampla representación do tecido social e institucional do municipio participaron numerosos cidadáns interesados en descubrir cal é a situación actual da construción.

“A resposta social a esta convocatoria demostra que é unha preocupación unánime o sentir da poboación lucense polo futuro deste inmoble como tamén o é a demanda para recuperar o proxecto, paralizado en 2013, para convertelo no gran Museo da Romanización do noroeste peninsular. Un singular continente para o que gardamos un extenso e valioso contido que estamos desexando poñer en valor para salientar, unha vez máis, a magnitude e importancia do noso patrimonio e da nosa historia, máis viva ca nunca”, subliñou a rexedora quen aproveitou para achegar o seu “agradecemento a tódolos colectivos e persoas que a título individual están a apoiar esta reivindicación”.

Lara Méndez agarda que, ante a execelente reacción da cidadanía á iniciativa do goberno local, a Xunta de Galicia recapacite e retome o máis axiña posible a intervención xa comprometida hai máis dun lustro para reformar o Cuartel, sobre o que, en breve, se actuará de novo co fin de atallar os últimos danos detectados froito da falta de uso.

A xornada de portas abertas desenvolverase durante todo o día, ata as seis da tarde con visitas guiadas cada media hora nas que os técnicos de Evislusa explicarán o contexto histórico e arquitectónico da edificación, a súa relevancia a nivel estatal así como outros detalles como as catas arqueolóxicas quen se desenvolveron no seu interior ou o devir urbanístico que sufriu ata a o día de hoxe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com