O Concello activa un plan de limpeza por barrios

Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro anunciou este venres que o Concello de Lugo activou un plan de limpeza integral por barrios que se desenvolverá ao longo de todo o ano. Este plan completa o anunciado o pasado setembro pola Alcaldesa, Lara Méndez, que arrincou no casco histórico e cubriu toda a cidade por fases de maneira concéntrica.

O edil suliñou que “se trata de mellorar a limpeza e a imaxe da cidade co fin de aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, pero tamén como piar fundamental para impulsar a actividade turística e, con elo, o desenvolvemento económico”,

A limpeza acometerase en 12 fases distintas, dende este mes ata decembro. A primeira será a quenda do barrio da Ponte e da Louzaneta –marzo-, para logo achegarse aos barrio do Sagrado Corazón, Gándaras, e Galegos, -entre marzo e abril- e aos da Piringalla e A Milagrosa –entre maio e xuño-.

Na cuarta fase, que se desenvolverá entre maio e xuño, realizarase a limpeza no Castiñeiro, en Casás e na Residencia; na quinta –xuño-, polo casco histórico; na sexta –xuño e xullo-, en Garabolos, Albeiros, Castelo e A Chanca; na sétima –xullo e agosto-, en Fingoi e Aceña de Olga; na oitava en Fontiñas e Augas Férreas –agosto-; na novena, en setembro, en Recatelo e Ramón Ferreiro; na décima, entre setembro e outubro, San Roque, Paxariños, Montirón e Sanfiz; e na décimo primeira, en novembro, no barrio da Estación e no barrio de Feijóo. En decembro, na última fase, acometerase a limpeza do barrio da Cheda e no entorno do Anxo Carro. As fases publicaranse ao longo do día de hoxe na páxina web do Concello www.lugo.gal para que todos os veciños e veciñas poidan consultar dito plan.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com