O Concello adebeda máis de 6M€ a autónomos e pequenos empresarios

O Goberno local debe a autónomos e pequenos empresarios de Lugo máis de 6 millóns de euros por traballos realizados para o Concello. Así o informou hoxe o edil popular, Antonio Ameijide, que criticou que, no peor momento da pandemia sanitaria, o Concello deba cartos a empresarios malia contar con máis de 47 millóns de euros nas contas bancarias. Ameijide asegura que non entende como o goberno local segue a manter esta liña na política económica cun periodo medio de pago aos proveedores que supera os 80 días, sobre todo, di o popular, na actual situación que están a vivir moitos dos empresarios da cidade.

O vicevoceiro popular recorda que, como é habitual, o Grupo Municipal Popular pediu acceso ao informe de morosidade do 3º trimestre do ano, documento no que se acreditan os nefastos datos de pagamento a provedores e que empeoran ao constatar que o período medio de pago
pendente se dispara ata os 174,87 días. “Xa o dixemos en moitas ocasións e sempre defenderemos que calquera persoa que realice un traballo para esta administracións cobre polo traballo realizado, polo que non se pode permitir que teñan que esperar case seis meses para cobrar”, sinalou.

Este informe que se realiza cada trimestre segue a ser “demoledor” para a alcaldesa, un documento que deixa datos tan alarmantes como que no terceiro trimestre de 2020 só se abonou dentro do prazo legal que marca a lei o 50% do importe pagado polas facturas abonadas (5.215.164,84€ dos 10.374.360,02€ pagados). Ou dito doutro xeito, 5.159.195,18€, correspondentes a 431 facturas, se pagaron durante o terceiro trimestre do ano incumprindo o prazo legal establecido para facelo.

Antonio Ameijide reitera que de novo a tesoureira municipal afirma que “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender en prazo os pagamentos”. Por iso, a tesoureira sinala que “reitérase a necesidade de tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes”.

Novas relacionadas

  1. Malas mañas
    Nov 19, 2020 - 08:57 AM

    Pregunten a Paula Alvarellos si Entre las facturas que se adeudan estarán las de la empresa del marido de la delegada de Cig??.. ..es por saber. .. y también porque es ahora cuando nombrar al marido de la funcionaria de tesorería urge tanto para informática.
    Dimisión Paula Alvarellos!

    Reply
  2. Malas mañas
    Nov 19, 2020 - 08:38 AM

    SE DICE, SE CUENTA EN LA CASA DE TODOS
    Dice la tesorera que no hay “un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Entonces cuál es el problema señora tesorera?? Quieren más productividad??? Es un saqueo público de unos pocos consentidos por Paula Alvarellos y la mano que mece la cuna en intervención.
    Paula Alvarellos debe dar la cara, su área económica y de personal es la casa de tocameroque, ..la Tesorería se puede decir que la gobierna el BNG y su sindicato Cig.
    Pregunten a Paula Alvarellos quien es la empresa Tsistems que trabaja para informática hace años y ahora con contrato caducado y con reparos de legalidad sigue cobrando del erario público….. serà por ello que acaban de contratar como interino al marido de la delegada de Cig y copropietario de Tsistems… Porque no se hizo antes?? Ahora hay la necesidad al caducar el contrato? ….El clan de Paula Alvarellos la de la gobernanza municipal. Así es como el PSOE blanquea al BNG y la Cig ??? Dimisión Paula Alvarellos ya, antes de que sea demasiado tarde.

    Reply
  3. Esperpento
    Nov 18, 2020 - 05:58 PM

    No entiendo , quién miente El PP o el Progreso? Se va a pagar una productividad innecesaria por abusiva y me quieren decir que no se hace el trabajo?? 4000€ serán los funcionarios Vips entre los que se deben encontrar los servicios de pago a proveedores. Intervención, tesorera, . y funcionarios varios.. Un despiporre en toda regla del PSE y Nacionalistas.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com