" />

O Concello adebeda preto de 11M€ a pequenos empresarios da cidade

 O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, revela o dato real da débeda do Concello de Lugo cos autónomos e pequenos empresarios do municipio, xa que en lugar de ser de 6.148.559,57€ a débeda dispárase aos 10.898.436,57€.

Antonio Ameijide explica que onte recibimos unha notificación por parte da tesoureira municipal notificando o dato real da débeda do Concello de Lugo, polo que o vicevoceiro popular pregunta a Lara Méndez en que caixón agocha as facturas para que “o erro” no que se escusan sexa de 4.749.877€. “Non falamos de que se perderon tres ou catro facturas por valor de 1.000€, se non que se trata de 292 por un importe cercano aos 5M€”, sinalou.

O concelleiro popular critica como o goberno local segue a manter a mesma liña na súa política económica, nunha situación económica moi complicada pola actual situación sanitaria e pese a que nas contas bancarias municipais hai 47.408.652,91€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo