O Concello aproba a expropiación definitiva dos terreos da Ronda do Carme

O Goberno local aproba en Xunta de Goberno iniciar de xeito definitivo o expediente de expropiación dos terreos situados nas marxes da Ronda do Carme. En total expropiaranse 16 parcelas por valor de 3,9 millóns de euros que supoñen uns 50 mil metros cadrados que serán destinados a zonas verdes.

Este expediente saiu adiante de xeito definitivo, dado que foron desestimadas as alegacións presentadas por diversos propietarios en base a informes dos departamentos de Enxenería e Urbanismo.

O acordo supón dar cumprimento a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que data do ano 1994, a raíz da cal estas 16 parcelas pasan a ser solo urbano e non solo urbanizable programado como foran inicialmente cualificadas. Deste xeito, o Concello ten a obriga de obter, mediante a expropiación, os terreos necesarios para abrir vías e dispor de espazos para zonas verdes.

O Goberno local salda así unha “débeda histórica” cos veciños da ronda do Carme, en palabras o concelleiro de Denvolvemento sostible, Daniel Piñeiro. “Isto non é máis que devolverlle uns dereitos a uns veciños da zona do Carme”, asegurou Piñeiro, ao tempo que lembrou que se trata de “catro millóns que pagaremos todos e cada un dos 98.134 lucenses, en consecuencia do urbanismo feito a medida do Partido Popular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com