O Concello comeza mañá a sinalizar a Rolda da Muralla a 30 Km/h

O Concello informa que “comezará a sinalizar mañá luns a Rolda da Muralla a 30 kilómetros por hora e prioridade ciclista no carril dereito, para impulsar a mobilidade inclusiva pola que aposta a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Empezarase pola sinalización vertical e logo acometerase a horizontal, implantando novas marcas viais no pavimento lembrando aos condutores a obriga de circular cunha limitación a 30 Km/g ou inferior, outorgándolle máis protagonismo ás bicicletas. Así mesmo, adaptaranse os dous radares existentes á nova velocidae”.

 A medida, que engloba distintos beneficios, o aumento da seguridade, coa conseguinte prevención de accidentes e atropelos, unha mellora da calidade ambiental, un tráfico rodado máis pacífico, e aumentar os espazos para as persoas, será efectiva esta mesma semana.

 Con esta media, o Concello quere “restar espazo aos vehículos para darllo á persoas, esas que sempre pon o Goberno no principio e fin das súas accións políticas, cumprindo ademais un acordo plenario”. Con esta iniciativa, que anunciara a propia Alcaldesa, “trátase tamén de normalizar a velocidade a 30 km/h, e plantexar esta acción como unha norma de mobilidade inclusiva e convivencia modal, entre bicicleta e vehículo, ademais de buscar un modelo de cidade sostible”. Ademais, esta reforma responde ás necesidades e ao interese de converter a Lugo nunha cidade sostible, nas que se invirten prioridades, primeiro o peón, despois o ciclista, o transporte público e por último os automóbiles.

 Esta é unha ordenación da circulación que “non exclúe a necesidade a medio ou longo prazo da materialización dun carril bici ou senda ciclabe, pero que ao mesmo tempo pretende aumentar o número de ciclistas con normalidade, sen necesidade de carril bici, co obxectivo de crear unha convivencia total nas vías”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com