" />

O Concello convoca a décimo novena edición do Certame de relatos curtos Ánxel Fole

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa de que está aberto ata o 30 de decembro o prazo para participar na XIX edición do Certame de relatos curtos Ánxel Fole. Este certame está dotado cun premio de 4.000 euros e o relato gañador será publicado por Edicións Xerais de Galicia.

Nesta edición poderán presentarse autores e autoras de calquera nacionalidade, coa condición de que as obras deben estar escritas en lingua galega conforme á normativa oficial, establecida pola Real Academia Galega. As creacións deben ser orixinais e inéditas, o que implica que estas non foron comunicadas nin na súa totalidade nin en parte por ningún outro tipo de procedemento.

Pódese tratar dunha novela ou dun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir entre 90.000 e 180.000 carácteres con espazos. Pode ser presentada máis dunha obra por autor ou autora, sempre en envíos separados.

Nas bases especifícase que deberán presentarse tres exemplares mecanografados en follas impresas por unha cara, cunha letra e tamaño facilmente lexibles, paxinadas e encadernadas, no departamento de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, situado na Praza Maior, 1, indicando no exterior do paquete o seguinte texto, Para o XIX Certame Ánxel Fole.

Como é preceptivo neste tipo de certames, os orixinais presentaranse nun paquete baixo lema ou pseudónimo, sen dato significativo algún. Dentro deste, noutro sobre pechado, en cuxo exterior constará o mesmo lema ou pseudónimo e o título da obra, figurará o nome completo, enderezo e datos persoais do autor. A reunión do xurado para discernir o premio realizarase sempre antes do 31 de marzo do 2017.

As bases completas deste certame poden consultarse a través do teléfono de atención cidadá  010 ou na páxina web municipal www.lugo.gal.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo