O Concello de Lugo amplía o prazo para inscribirse nas bolsas de emprego

O Concello aprobou este venres en Xunta de Goberno extraordinaria a ampliación en 10 días hábiles do prazo de solicitudes para a bolsa de emprego, posta en marcha dende a Área de Gobernanza, coa que se cubrirán 42 categorías profesionais co fin de axilizar a provisión de postos de traballo.

O novo prazo comezará a contar a partir da publicación do anuncio mañá no Boletín Oficial da Provincia.
Así o explicou a edil Paula Alvarellos, quen destacou “o éxito desta programación, pois a día de hoxe xa hai máis de 1.000 persoas inscritas para formar parte da bolsa, o que dá boa conta do interese xerado entre a cidadanía, ao tempo que pon de manifesto a necesidade de fomentar políticas activas de emprego nun momento de especial dificultade pola crise da Covid-19, que significou a destrucción de moitos postos de traballo”.
Por outra banda, a concelleira lembrou que “dende que se comezaron a aplicar novas medidas para evitar a acumulación de cidadáns nas oficinas municipais, con motivo da pandemia, reforzamos o servizo de rexistro, ampliando o seu persoal e, nestes momentos, estamos a estudar a posibilidade de incrementar aínda máis os efectivos para axilizar a atención aos cidadáns e que todos os interesados/as poidan presentar a documentación en tempo”.

Unha vez pechado o prazo de admisión a Comisión de Selección teran en conta, á hora de valorar as candidaturas, aspectos como a experiencia profesional, a titulación, formación ou a superación de probas selectivas noutras convocatorias públicas así como
ser demandante de emprego e o coñecemento da lingua galega. Trala baremación das e dos aspirantes e a configuración das listas – proceso que tamén comprende un período para a subsanación de posibles erros e resolución de alegacións sobre os resultados provisionais – terá lugar a súa aprobación definitiva nun prazo de 5 días hábiles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com