" />

O Concello de Mondoñedo ofrecerá unha charla sobre as cláusulas solo

Concello de Mondoñedo organiza unha charla para informar sobre o tema das cláusulas solo hipotecarias aos veciños e veciñas da localidade. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, que precisou que o coloquio terá lugar o vindeiro venres, día 10 de febreiro, no Centro Comarcal a partir das 20:00 horas.

O acto, que terá unha duración duns 30 minutos, correrá a cargo do avogado mindoniense Jairo Cabado, do despacho GesCabado, que dará as explicacións oportunas sobre o tema das cláusulas solo e realizará un repaso a todo o proceso.

A alcaldesa indicou ademais que esta charla estará aberta a todo o público que desexe asistir e engadiu que “está pensado para atender todas as preguntas e dúbidas dos nosos veciños e veciñas”.

Candia animou aos mindonienses a participar neste coloquio e sinalou que “dende o Concello organizamos esta charla para solventar todas as dúbidas que poidan ter os veciños e ofrecerlles asesoramento sobre os pasos que deben de seguir, si se dese o caso, para formular unha reclamación das cláusulas solo nas hipotecas”, concluíu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo