" />

O Concello de Mondoñedo traballa na creación dun Banco Municipal de Terras

O Concello de Mondoñedo traballa na creación dun Banco Municipal de Terras coa finalidade de evitar o abandono de masas comúns da concentración parcelaria de Mondoñedo Norte e co obxecto de estimular o sector primario, especialmente o hortícola.

En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explicou que se está a estudar xunto coa Consellería de Medio Rural a solicitude de varias masas comúns vacantes na zona da concentración as cales swe dirixirían á creación do seu propio Banco Municipal de Terras.

Candia indica que na concentración parcelaria de Mondoñedo Norte hai un total de 33 masas comúns que no proceso quedarían vacantes e que suman unha superficie aproximada de 137.187 metros cadros. “Dende o Concello de Mondoñedo queremos evitar que estes terreos sobrantes estean abandonados ou mal coidados, sen un uso produtivo, polo que buscamos a súa cesión a un prezo simbólico para destino agrario, dándolle prioridade ao cultivo da horta”, indicou.

En canto ao proceso de adxudicación das masas, dende o Goberno local sinalan que se elaborarían unhas bases feitas polos servizos xurídicos do Concello e o proceso sería “absolutamente público”. Estas bases de adxudicación daríanlle prioridade aos veciños de Mondoñedo ou a persoas que veñan a residir á localidade e que “aposten polo sector primario, como medida de estímulo, especialmente, polo hortícola, que tanto recoñecemento ten en Mondoñedo pola calidade dos seus produtos”, resaltou a alcaldesa.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo