" />

O Concello de Vilalba demanda a Sanidade un cribado para os traballadores do comercio e o sector servizos

O Concello de Vilalba xestiona coa Consellería de Sanidade a realización dun cribado con probas PCR no municipio, dirixido especialmente aos traballadores e traballadoras do sector servizos e o comercio.

Vilalba leva xa dous meses con medidas e restricións severas pola situación epidemiolóxica, pero a incidencia acumulada continúa elevada, o que posiblemente implica a existencia dun número importante de persoas positivas asintomáticas. Por elo, e co obxectivo de dar pasos cara a unha normalización da actividade diaria no concello, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, púxose en contacto coa Consellería de Sanidade para a realización do cribado, principalmente dirixido ás profesións que están más en contacto cos veciños e veciñas.

Este tipo de cribados, como o que se realizou en Viveiro o pasado domingo, son de gran utilidade para detectar positivos ocultos de Covid-19, cortando desta maneira a cadea de contaxios. O concello dará máis información sobre a data e o lugar das probas cando obteña a confirmación do cribado por parte da Xunta de Galicia. Vilalba é un dos 60 concellos galegos que pasa a estar desde esta próxima medianoite nun nivel máximo de restricións pola evolución da situación epidemiolóxica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo