O Concello de Vilalba instala dispensadores de bolsas para recoller deposicións caninas

O Concello de Vilalba ven de instalar 13 puntos dispensadores de bolsas para a recollida de deposicións caninas en diversos puntos da vila, con carteis indicativos da normativa municipal, instando aos veciños e veciñas a utilizalos con responsabilidade e facendo especial fincapé en manter limpos os espazos do conxunto da veciñanza.

Debemos respectar os espazos públicos, tanto os usuarios que pasean polas vías públicas como os responsables dos animais; queremos poñer todos os medios posibles para manter limpas as nosas rúas, libres de refugallos de todo tipo, tamén das deposicións de animais domésticos”, sostén Rodrigo Pavón, tenente de alcalde do Concello de Vilalba.

O concello fai un chamamento á concienciación da veciñanza para manter os espazos limpos e, ante o comportamento incívico dalgúns veciños, lembra a normativa municipal vixente, con multas por non recoller as deposicións das mascotas que van ata os 33 euros por deposición non recollida.

Por outra banda, o concello instalou tamén novos puntos para a reciclaxe de papel e de vidro, cun total de 12 colectores que chegaron mediante unha subvención (custo cero para as arcas municipais), e adquiriu trinta novos colectores de fracción ‘resto’ para a renovación dos que se atopaban deteriorados no rural.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Fernando Gonçalves Barbosa
    Ago 03, 2020 - 03:27 PM

    E canto custou facer isto, e os q non temos cans de paseo tamen temos que contribuir. Pero en qué nos estamos convertindo !!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com