" />

O Concello de Vilalba pedirá unha subvención para acondicionar rúas na zona do polígono

O goberno local do Concello de Vilalba solicita á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención para o reforzo de firme e sinalización nas rúas do Castiñeiro, Salgueiro e Acivro no Parque empresarial Sete Pontes de Vilalba. O anteproxecto presentado ten un custe total de 149.977,33 euros, do que pedirán á Xunta sufragar o 80%, equivalente a 119.981,86, facéndose cargo a entidade local do restante.

Debido á intensidade e á tipoloxía do tráfico que sofren a diario as vías do polígono, o deterioro é manifesto, “especialmente nestas rúas que pertencen á primeira fase da construción do parque, sendo tamén as principais vías de acceso”, salientou o concelleiro Luis Fernández, poñendo de relevo a necesidade de “acometer actuacións de mellora nas zonas máis antigas do polígono, e tamén as máis utilizadas”.

O anteproxecto contempla un reforzo do firme de rodadura estendendo unha nova capa, con un espesor medio de 5 cm, en toda a superficie do vial a base de aglomerado en quente. Con esta actuación eliminaríanse as deformacións e asentamentos do firme actual e ampliaríase a vida útil de todo o firme ao impermeabilizar a súa superficie.

No que atinxe á sinalización, no anteproxecto indícase a pintada de vías lonxitudinais nos bordes e centro da calzada, indicando as zonas de aparcamento permitido, frechas, pasos de peóns, etc. Ademais, tamén se reporían as sinais de STOP, ceda ao paso ou límites de velocidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo