" />

O Concello do Incio acollerá en abril un curso básico de Protección Civil

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) impartirá no mes de abril un curso básico de Protección Civil no Concello do Incio. A actividade, que se vai desenvolver do 14 ao 19 de abril, ambos incluídos, conta con 32 horas lectivas presenciais e 25 prazas. O prazo para inscribirse remata o 2 de marzo.

O alumnado poderá adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil. Haberá 22 horas de teoría e 10 de práctica. O contido versará sobre a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, loita contra incendios, comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.

A inscrición no curso é gratuíta. O curso está dirixido a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil – Candidato/a a voluntario. En concreto, ao persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil. Para poder formar parte hai que estar inscrito como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do RGAVPC.

Os solicitantes deberán acreditar que no padecen enfermidade ni están afectados por limitación física o psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matrícula no curso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo