" />

O Concello e membros de Aspnais conmemoran o Día da Árbore

Para conmemorar o Día da Árbore, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,  Carmen Basadre, xunto con membros de ASPNAIS,  de persoal de Parques e Xardíns do Concello e de expertos en horticultura, participaron este luns na plantación simbólica dunha maceira e dunha pereira nas inmediacións da Casa da Xuventude.  Con esta iniciativa, o Concello trata de pór en valor o papel das árbores e de dar a entender que o cuidado da natureza é unha tarefa de todos.

Daniel Piñeiro asegurou que “o medio ambiente debe ser un dos maiores compromisos dunha sociedade”, e subliñou que o Concello “seguirá traballando a prol dunha contorna sostible, na que a realidade urbana e rural convivan en harmonía”.

Pola súa banda, Carmen Basadre agradeceu a disposición de ASPNAIS para participar tanto nesta actividade como noutras tantas que se levan a miúdo no Concello.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo