O Concello entrégalle á Xunta planos dos terreos dispoñibles para construír unha residencia

O voceiro municipal, Miguel Fernández, presentou este xoves no rexistro da Xunta fotografías e planos de todas as parcelas dotacionais, unhas 14 diseminadas por toda a cidade, das que dispón o Concello para poñelas a disposición da Consellería de Política Social, para construír unha residencia de maiores na cidade.

“Hoxe é un día moi importante para os veciños e veciñas de Lugo, que ven como a Xunta, por fin, fai caso a unha das nosas demandas e se compromete coa tan necesaria e demandada residencia da terceira idade”, subliñou Fernández, quen agradeceu a boa disposición da Xunta para que a cidade conte cun novo centro público de maiores.

Fernández destacou que despois de numerosas xestións da alcaldesa, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rei Varela, remitiu unha carta mostrando “que o seu compromiso é en firme e que lle acheguemos todas as parcelas dispoñibles para executar o investimento”.

O voceiro municipal asegurou que, aínda que chega tarde este compromiso, é un investimento moi necesario, ao tempo que lembrou que dende hai 40 anos non se creou nin unha soa praza pública de residencias para os maiores en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com