O Concello entregará vales desconto en libros e material escolar a 450 alumnos

O Concello de Lugo convocará nos vindeiros días as bolsas escolares para educación infantil, de 3 a 6 anos, e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Estas axudas, que chegarán a preto de 450 alumnos, consisten nun vale desconto por un importe de 80 euros con destino á compra de libros ou material escolar nas librerías da cidade.

Para acceder a ditas axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno estea censado en Lugo. Segundo o concelleiro de Educación, Manuel Núñez, o obxectivo da convocatoria destas axudas é “colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio”.

Núñez manifestou o compromiso do Goberno local “con todas e cada unha das necesidades das familias do municipio”. “Dende a entidade local, a pesar de non ter competencias en materia de educación, entendemos que con estas axudas, para as que destinamos 36.500 euros, facilitamos o acceso á educación a toda pobación en igualdade de condicións, ao tempo que contribuimos a superar as desigualdades e impulsamos unha mellor educación”, subliñou Núñez.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com