" />

O Concello estuda diversos sistemas de compostaxe para implantar o máis axeitado para Lugo

Co obxectivo de fomentar a utilización da compostaxe implantando o sistema máis eficiente e adaptado a Lugo, o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, convocou este venres pola tarde no Seminario unha mesa técnica de traballo á que asistiu a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo e na que participou un dos maiores expertos neste campo, o biólogo galego Ramón Plana González-Sierra, xunto a María Lafuente, responsable de residuos de ADEGA, Marta Domínguez, técnica da planta de compostaxe de Lousame, ademais de técnicos do servizo municipal de Medio Ambiente.

Nesta primeira reunión analizáronse distintos sistemas que se aplican no país de compostaxe da parte orgánica do lixo. O Concello pretende con esta iniciativa poñer as bases para cumprir coas disposicións na materia marcadas pola Estratexia Europa 2020.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo