" />

O Concello executa dous plans anuais de desratización da cidade

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo desenvolve dúas fases de choque, en primavera e en outono inverno, nos plans de desratización que executa cada ano, e atende o 100% das alertas e avisos que chegan ao Goberno local. O concelleiro responsable, Álvaro Santos, lamentou a actitude irresponsable do PP, que en vez de advertir aos servizos municipais dun caso concreto e focalizado nun local do casco histórico no que apareceu un animal, “optou por crear unha alarma inxustificada e irresponsable, causando un grave prexuízo ao sector hostaleiro da cidade”.

“O PP, con tal de ter protagonismo mediático, é capaz de comprometer e danar a imaxe dun sector e da cidade sen medir as consecuencias”, incidiu o edil de Medio Ambiente, que hoxe volveu saír cos técnicos nunha labor de observación habitual das zonas nas que actúa o servizo.

As fases de choque, que teñen lugar de marzo a maio e de novembro a decembro, datas elixidas porque os cambios climatolóxicos provocan máis movementos de roedores, consisten nun tratamento de desratización intensivo que abarca os oito sectores no que se divide á cidade, abordándose especialmente os rexistros de alumeado público e as redes de saneamento e a semafórica xa que se consideran puntos críticos ao poder presentan un maior grao de incidencias.

Na desratización se utilizan distintos sistemas, que se aplican sempre co coidado necesario para que non afecte a ningún animal doméstico.

Ademais destas dúas fases de choque, se desenvolve de xeito habitual un seguimento de todos os sectores, onde se observa como avanza o proceso de desratización por se é necesario facer especial fincapé nas actuacións de desratización.

Durante todo o ano se atenden tamén a totalidade dos avisos que chegan ao Concello, trasladándose sempre o persoal correspondente a revisar calquera incidencia. O edil lembra que os servizos municipais atenden directamente as áreas públicas, “xa que en fincas e solares privados non podemos entrar directamente sen previo proceso xudicial xa que son responsabilidade directa dos seus titulares, o que si facemos é intervir nas zonas públicas limítrofes”.

Desde o Concello de Lugo se lembra que os avisos poden facerse directamente a través do 010 ou da Policía Local, “e son atendidos sempre. O 100% das alertas foron atendidas”, insiste o concelleiro, quen pide tamén á cidadanía que se implique e actúe con civismo “porque as ratas existen e existirán sempre, en Lugo e en todas as cidades, trátase de mantelas baixo control, e iso facémolo entre todos, entre as administracións responsables e os cidadáns xa que cada vez que deixan, por exemplo, o lixo fóra dos colectores, están deixando un reclamo para os roedores”, sostén.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 04, 2020 - 10:52 PM

    Lo dudo……….. Será desde fai uns días?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo