O Concello faise con máis terreos para a construción do futuro colexio do Sagrado Corazón

O Alcalde, José López Orozco, vén de asinar un novo convenio para a cesión ó Concello de Lugo dunha parcela no barrio do Sagrado Corazón.

Coa sinatura deste convenio coa propiedade da devandita parcela, que ten unha superficie de 1.660 metros cadrados, o Concello de Lugo, avanzou un paso máis no obxectivo de facerse cos terreos que esixe a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a construcción do novo colexio no Sagrado Corazón.

O documento asinado polo Alcalde ten natureza de convenio urbanístico de planeamento e os propietarios da parcela ceden a favor do Concello os terreos da súa propiedade, libres de cargas e gravames e de forma totalmente gratuíta.

Esta cesión faise reservando ó seu favor o aproveitamento urbanístico susceptible de apropiación correspondente a eses terreos, para facelo efectivo no instrumento de equidistribuición de beneficios e cargas que se tramite no futuro con motivo da execución do Plan Parcial que desenvolva o Sector “LUGO S-5.R”, permitindo expresamente a súa ocupación dende a data da sinatura para que o Concello poida poñelo a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A finalidade deste convenio urbanísticos é facer posible que o Concello de Lugo poida poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os terreos para a construcción dun novo CEIP nas inmediacións do actual centro e sempre dentro do barrio do Sagrado Corazón, en colaboración cos veciños propietarios no sector S-5.R de Burozos.

O Concello ten acadado por la vía dos convenios a cesión de 8.600 metros cadrados. O resto ata os 10.000 metros cadrados que reclama a Xunta serán expropiados. Dacordo coas previsións actuais, a vindeira semana a Xunta de Goberno Local tomará razón dos convenios asinados como paso previo á súa tramitación na Notaría e tamén se podería aprobar o proxecto de expropiación dos terreos pendentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com