O Concello habilita unha varanda na Praza do Castiñeiro para reforzar a seguridade

O Concello de Lugo vén de habilitar unha varanda de protección na Praza do Castiñeiro, coa rúa Lamas de Prado, coa que queda garantizada a seguridade dos nenos e nenas que usan este espazo a diario para xogar.

As tarefas, cun orzamento duns 5.000 euros, permiten protexer esta praza, punto de encontro matinal de cativos e cativas da contorna, e responde a unha petición plantexada nos Orzamentos Participativos, recibindo no proceso de votación 68 votos. Esta varanda tamén permite o paso seguro dos peóns pola beirrarúa.

Os traballos consistiron na colocación duns 40 metros de varanda nesta praza, que conta cunha importante presencia infantil e xuvenil, cun centro de ensino nas inmediacións e un parque de xogos infantís, sendo ademais a rúa adxacente unha vía con moita circulación de automóbiles.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Turista Setentayocho
    Mai 21, 2019 - 10:24 PM

    Y’a tardaban.

    Reply
  2. Avatar
    Miguel Angel Ferreiro Vazquez
    Mai 21, 2019 - 08:42 PM

    Levamos un montón de anos esperando, xa en tempos do premeiro mandato de Orozco, e ven a “traballadora Sra L. Mendez” e ponas nunha tarde.???? Debería haber elecions cada ano.

    Reply
  3. Avatar
    Pilar Ferreiro
    Mai 21, 2019 - 08:17 PM

    Tenía que haber elecciones todos los meses

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo