" />

O Concello mellora a funcionalidade da aula de apoio escolar do Castiñeiro

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, achegouse hoxe á aula de apoio escolar da Praza do Castiñeiro, que vén de acondicionar o Concello con cargo aos Orzamentos Participativos. Concretamente, acometeu obras para mellorar a funcionalidade do local, que empregan a diario 32 nenas e nenos de primaria.

O equipo de Lara Méndez acometeu diversas tarefas de mantemento e mellora, co obxecto de que os nenos e nenas usuarias podan gozar dunhas instalacións máis adecuadas e eficientes. Cun orzamento duns 14.000 euros, leváronse a cabo os seguintes traballos: reparación dunha goteira, instalación de sistemas de climatización de calefacción e frío, reforma da instalación eléctrica para adecuala á demanda do novo sistema de climatización, renovación do falso teito e illamento do local, substitución dos cristais (dianteiros e o traseiro), substitución da porta traseira en mal estado, arranxo de persianas e pintura interior.

O Goberno continúa a executar os proxectos dos Orzamentos Participativos, neste caso atendendo ás demandas que facilitarán o día a día dos máis pequenos e pequenas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo