O Concello nega ao PP o acceso aos datos económicos do terceiro trimestre do ano

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou esta mañá que o goberno local impide o acceso dos populares aos datos do pago a provedores e da situación económica do Concello, un feito que lle fai cuestionarse ao PP, qué ten que esconder o goberno para que a edil de economía, Ana Prieto, asine un decreto no que denega o acceso a esta información e condiciónaa a que vaia ao pleno municipal de novembro.

Son uns datos que “solicitamos todos os trimestres” e que mesmo tivemos acceso hai unhas semanas “sen problema”. O 20 agosto de 2018 solicitamos acceso ao informe de morosidade e arqueo bancario do segundo trimestre e deusenos acceso o 3 de setembro “sen problema”.

Unha vez pechado o terceiro trimestre, dende o grupo popular, se solicitou acceso aos novos datos o 18 de outubro, pero “a sorpresa chega” cando Ana Prieto asina un decreto no que denega o acceso a esta información e condiciónaa a que vaia ao pleno municipal do mes de novembro. Para o popular non é comprensible que se dilate un mes e medio o acceso a unha información á que todos os concelleiros teñen dereito de acceso.

Antonio Ameijide acusa a Ana Prieto de falta de transparencia, sobre todo, porque 21 segundos despois de asinar o decreto de denegación de acceso á información, asinou un novo decreto para realizar unha modificación orzamentaria para dar cobertura aos intereses de demora a provedores e sentenzas xudiciais, o que demostra dúas, polo menos, dúas cousas: que a concellería de Economía xa gastou todos os fondos destinados a estes fins e, por outra parte, que Ana Prieto “algo ten que agochar”.

Para o voceiro popular o feito de negar agora o acceso a esta información é “unha incoherencia” xa que hai uns meses non había problema e agora hai que esperar a pesar de que eses datos xa deberían estar en poder da tesourería municipal.

Os datos solicitados polo Grupo Popular son “fundamentais” para facer a labor de control ao goberno local xa que serven para coñecer canto tempo tardan de media en pagar aos provedores, autónomos e empresarios da cidade, cantos deles seguen esperando a que se lles paguen as facturas e canto diñeiro ten o Concello de Lugo nas contas
municipais. “Algo raro debe de haber cando antes non había problema e agora poñen todas as trabas posibles”, afirmou o popular, posiblemente porque “os datos non son nada bos” xa que do contrario non habería problema algún para acceder a estes informes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com