" />

O Concello oferta máis de 1.300 prazas nos cursos de natación de nenos e adultos nas piscinas municipais

A Concellería de Deportes, que dirixe Mauricio Repetto, retoma os cursos trimestrais de natación, nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras e oferta máis de 1.300 prazas: para adultos 744 prazas en Frigsa e 192 nas Pedreiras, e para os máis cativos, 270 e 128 respectivamente.

As persoas interesadas deberán realizar a solicitude a partir do 7 setembro na piscina na que desexen practicar natación. Unha vez pechada a inscrición, publicarase a lista de admitidos o día 14 e posteriormente, do 19 ao 22 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula.

Todos os trámites de matriculación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa. Por último, o día 26 de setembro será o período de matriculación para os lucenses que quedaran en lista de espera en Frigsa e As Pedreiras.

O custe mensual dos cursos de natación para adultos será de 24,60 euros pola asistencia dous días á semana, mentres que para os nenos e nenas ascende a 18,40 euros ao mes. Os maiores de 65 aos, pola súa banda, pagarán 7,9 euros ao ano polas actividades de natación e ximnasia nun recibo único xa que volverán a ser de carácter anual.

As clases terán unha duración de 40 minutos, exceptuando os cursos dos mais pequenos que teñen unha duración de media hora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo