" />

O Concello oferta novas actividades gratuítas de ocio no verán

O Concello de Lugo oferta para os mozos e mozas de entre 14 e 30 anos novas alternativas gratuítas para ocupar o seu tempo de lecer no mes de xullo, enmarcadas no programa +Xtí de prevención do consumo de drogas.

En concreto, trátase de actividades que versan sobre estilos urbanos, como breakdance, beatbox, personalización de gorras, turntablism Dj, BMX, Skateboard, Graffity e Skatepark Móbil, que se poderán practicar o sábado 23 de xullo e xoves 28 de xullo, na Praza do Castiñeiro e na Praza Agro do Rolo, respectivamente.  O horario será en ambos casos de 17:00 a 21:00 horas. A participación nestas actividades de rúa é aberta.

Ademais destes obradoiros, o 30 de xullo na Casa da Xuventude, a mocidade luguesa poderá participar nunha xornada de paint-ball, unha actividade enmarcada tamén no programa +Xtí. Esta actividade terá lugar de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas en quendas por grupos de dous equipos de cinco xogadores. Os interesados teñen que inscribirse previamente na Casa da Xuventude.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo